A vendima

A vendima.

 

Elixir o momento óptimo de vendima é fundamental para elaborar un viño de calidade. Para saber en que momento debemos comezar a vendima, semanas antes empezamos a efectuar controis sobre a maduración das uvas: observamos a evolución do peso, da acidez e do azucre contido nos grans; examinamos o aspecto dos acios nas parcelas e degustamos as uvas.

A valoración do conxunto e as previsións meteorolóxicas determinan o momento idóneo para iniciar a vendima, que realizamos manualmente e seleccionando os acios.

 

Os acios transpórtanse á adega en recipientes perforados cunha capacidade de 15 Kg para evitar a rotura de grans por esmagamento - que poderían favorecer a acción de encimas oxidantes e pre-fermentacións que minguarían a calidade do mosto - e son procesados en adega antes de que transcorran 6 horas dende que foran vendimados.