A cata.
Veigamoura 2013
Fase visual
Amarelo palloso intenso con tonalidades verdosas.
Fase olfactiva
Intensidade aromática media, con aromas a flores brancas e herbas aromáticas, cítricos, notas a froita madura, mazá, pera, albaricoque e froita confeitada. Os aromas exhíbense limpos, francos, moi elegantes e sen arestas.
Fase gustativa
É graxo, con volume e intenso. En boca reaparecen os cítricos, a froita madura e confeitada e deposita no fondo un recordo salino que evoca o mar. É complexo con moita personalidade, persistente.
Maridaxe
Combina excelentemente con mariscos, ostras, ameixas, pero tamén con peixes ao forno, arroces e ata con carnes brancas.